Aprobado pola Comisión Europea (CE) na súa Decisión C (2015) 893, do 12 de febreiro de 2015, o Programa INTERREG V-A España – Portugal ( POCTEP) 2014-2020 é a consecuencia directa da favorable experiencia que desde 1989 supuxo a cooperación na liña fronteiriza entre ambos os dous países que permitiu e que pretende continuar avanzando na mellora da calidade de vida dos habitantes do Espazo de Cooperación.
O POCTEP 2014-2020 actúa en cinco grandes ámbitos ou obxectivos temáticos:
- Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación.
- Mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas.
- Promover a adaptación ao cambio climático en todos os sectores, e máis particularmente, promover o aumento de resiliencia territorial para os riscos naturais transfronteirizos.
- Protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos.
- Mellora da capacidade institucional e a eficiencia da administración pública, consolidando novas estratexias de diálogo e interrelación, que permitan poñer en marcha novas iniciativas entre os distintos actores que operan na fronteira.
O POCTEP contempla actuacións a favor da investigación, desenvolvemento e innovación, tales como:
- Actividades de investigación e innovación, incluída a creación de redes.
- Transferencia de tecnoloxía e cooperación universidade-empresa, sobre todo en beneficio das PEME.
- Procesos de investigación e innovación nas PEME.
Inclúe, así mesmo, actuacións relacionadas co desenvolvemento empresarial e o fomento do emprego de calidade:
- Promoción do emprendedurismo e o espírito empresarial nas Pemes.
- Desenvolvemento empresarial das PEME, apoio a redes de titores e apoio ao emprendemento e a incubación.
- Traballo por conta propia, espírito emprendedor e creación de empresas, incluídas as microempresas e PEME emprendedoras.
- Promoción da internacionalización.
- Mobilidade de traballadores, empresas e emprendedores.
Ao igual, en materia de medio ambiente e infraestruturas enerxéticas e ecolóxicas, o POCTEP prevé medidas de:
- Adaptación ao cambio climático e prevención e xestión de riscos.
- Desenvolvemento e promoción do potencial turístico dos espazos naturais.
- Protección e promoción dos activos da cultura e o patrimonio natural.
- Tratamento de residuos domésticos.
- Xestión e conservación da auga potable.
- Prevención e control integrados da contaminación.
Finalmente, o Programa prevé outro tipo de actuacións relacionadas coa mellora da capacidade institucional das administracións e os servizos públicos a través da cooperación transfronteiriza.
Para máis información deste programa, cómpre consultar a seguinte ligazón: http://www.poctep.eu/es/inicio-2014-2020