El proyecto ARIEM+

O proxecto denominado “Asistencia Recíproca Interrexional en Emerxencias e Riscos Transfronteirizos” (0373_ARIEM_PLUS_6_E) (en diante, ARIEM+) encádrase no marco do programa INTERREG V-A España Portugal 2014-2020, dentro do Eixe 3 (Crecemento sustentable a través dunha cooperación transfronteiriza pola prevención de riscos e a mellora da xestión dos recursos naturais), Obxectivo temático 5 (Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos), Prioridade de investimento 5B (Fomento do investimento para facer fronte a riscos específicos, garantindo unha resiliencia fronte ás catástrofes e desenvolvendo sistemas de xestión de catástrofes), Obxectivo específico OE5B (Aumentar a resiliencia territorial para os riscos naturais transfronteirizos), no que a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA en adiante) ostenta o rol de beneficiario principal.

 

 

Antecedentes

Aprobado pola Comisión Europea (CE) na súa Decisión C (2015) 893, do 12 de febreiro de 2015, o Programa INTERREG V-A España – Portugal ( POCTEP) 2014-2020 é a consecuencia directa da favorable experiencia que desde 1989 supuxo a cooperación na liña fronteiriza entre ambos os dous países que permitiu e que pretende continuar avanzando na mellora da calidade de vida dos habitantes do Espazo de Cooperación.
O POCTEP 2014-2020 actúa en cinco grandes ámbitos ou obxectivos temáticos:

  1. Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación.
  2. Mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas.
  3. Promover a adaptación ao cambio climático en todos os sectores, e máis particularmente, promover o aumento de resiliencia territorial para os riscos naturais transfronteirizos.
  4. Protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos.
  5. Mellora da capacidade institucional e a eficiencia da administración pública, consolidando novas estratexias de diálogo e interrelación, que permitan poñer en marcha novas iniciativas entre os distintos actores que operan na fronteira.

O POCTEP contempla actuacións a favor da investigación, desenvolvemento e innovación, tales como:

  • Actividades de investigación e innovación, incluída a creación de redes.
  • Transferencia de tecnoloxía e cooperación universidade-empresa, sobre todo en beneficio das PEME.
  • Procesos de investigación e innovación nas PEME.

Inclúe, así mesmo, actuacións relacionadas co desenvolvemento empresarial e o fomento do emprego de calidade:

  • Promoción do emprendedurismo e o espírito empresarial nas Pemes.
  • Desenvolvemento empresarial das PEME, apoio a redes de titores e apoio ao emprendemento e a incubación.
  • Traballo por conta propia, espírito emprendedor e creación de empresas, incluídas as microempresas e PEME emprendedoras.
  • Promoción da internacionalización.
  • Mobilidade de traballadores, empresas e emprendedores.

Ao igual, en materia de medio ambiente e infraestruturas enerxéticas e ecolóxicas, o POCTEP prevé medidas de:

  • Adaptación ao cambio climático e prevención e xestión de riscos.
  • Desenvolvemento e promoción do potencial turístico dos espazos naturais.
  • Protección e promoción dos activos da cultura e o patrimonio natural.
  • Tratamento de residuos domésticos.
  • Xestión e conservación da auga potable.
  • Prevención e control integrados da contaminación.

Finalmente, o Programa prevé outro tipo de actuacións relacionadas coa mellora da capacidade institucional das administracións e os servizos públicos a través da cooperación transfronteiriza.

Para máis información deste programa, cómpre consultar a seguinte ligazón: http://www.poctep.eu/es/inicio-2014-2020

Obxectivo do proxecto

O proxecto ten como obxectivo xeral o establecemento dun mecanismo de colaboración entre os servizos responsables da xestión e mobilización de recursos ante emerxencias importantes ocorridas na zona ARIEM. Esta iniciativa, comezada no ano 2011 como Ariem112, atópase actualmente nunha segunda fase encadrada no programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

Finalidades

O proxecto ARIEM + ten por finalidade a cooperación transfronteiriza en materia de emerxencias (sur de Galicia, Castela-León e norte de Portugal). Entre os fins que se pretenden acadar co proxecto atópanse os seguintes:

  •    a creación dun Mando Operativo Único que permita mellorar a xestión e coordinación in situ das emerxencias na zona transfronteiriza. Perséguese tamén a identificación e delimitación dos riscos existentes na zona mediante a realización de estudos para trazar un mapa de riscos da zona ARIEM e elaborar en base a él un Plan Territorial de Emerxencias Transfronteirizas.
  •      a adquisición de materiais e de equipamentos de emerxencias en base aos riscos existentes na zona. 
  •      o desenvolvemento de accións de sensibilización á poboación (formación sobre prevención e autoprotección). 
  •      a harmonización de protocolos e tácticas de actuación ante emerxencias.

Partenariado

  •      Axencia Galega de Emerxencias da Xunta de Galicia (Beneficiario principal)
  •      Dirección General del Medio Natural (Consejería de Fomento y Medio Ambiente Junta de Castilla y León)
  •      Garda Nacional Republicana (GNR)
  •      Comunidade Intermunicipal do Alto Minho (CIM Alto Minho)
  •      Comissiao de Coordinaçao e Desenvolvimento Regional do Norte
  •      Instituto Nacional de Emêrgencia Médica I.P. (INEM)

 

Logo axega
Logo ccdrn
Logo cimaltominho
Logo gnr
Logo jcyl
Logo inem